DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O Tres Cuñados FS protagoniza un recital de goles no pavillón de Calabagueiros

O conxunto valdeorrés golea ao Prone Lugo 11-1 na 4ª xornada de liga en segunda B

Suma e segue. Ao Pizarras Los Tres Cuñados FS no hai quen o pare sumando a cuarta vitoria consecutiva na liga nacional.

Na tarde do 6 de outubro, os de Xocas Miranda enfrontábase, ao Prone Lugo, un equipo que viña de sumar tres derrotas (noutros tantos partido) e nesta ocasión non foi unha excepción. Co 11-1 no marcador remataba o encontro correspondente á cuarta xornada de liga, sumando tres puntos máis que sitúan as Tres Cuñados como líder da clasificación tralo empate do Guardo, o gran favorito da tempada. Os goles foron: 2 de Dilín, 4 de Durán, 2 de Bruno, 1 de Cristian, 1 de Josiño, e ata un do Lugo en propia meta.

A próxima xornada levará aos brancoa ata terras asturianas para xogar contra o F.S: Boal.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button