Boas novas para o Pizarras Tres Cuñados FS que na tarde do sábado 7 de marzo vencía en casa a Indecisos FS.

Tras meses de baixa pola rotura do talón de aquiles, Jose volvía ao conxunto valdeorrés sumando un dos cinco goles que os brancos marcaban en Calabagueiros na xornada 23 da Preferente Futgal. Era Mohammed quen abría o marcador no minuto 12 e malia que os visitantes empataban no 16′, un minuto despois Jose poñía o 2-1 no marcador. No 29′ volvían empatar os Indecisos de Mos pero xa non volvían marcar, sumando para o equipo local, Saul no minuto 29, Mohammed que marcaba o segundo no 23′ e Aaron.
Co 5-2 o Pizarras Tres Cuñados FS sumaba a quinta vitoria consecutiva, subindo ata o cuarto posto empatado a puntos co terceiro, Poio Pescamar. A seguinte cita será en Tui (Pontevedra).

Fotos: Sandra García.