DeportesÚltima hora

O Tres Lunas Valdeorras lidera o “Iron Bike Italia”

Publicidade
O xefe de filas do equipo valdeorrés, Brandan Márquez, é o líder despois de dúas etapas
Brandan Márquez, líder do “Iron Bike Italia”.

Os corredores do Tres Lunas Valdeorras continúan dando alegrías ao ciclismo na comarca. Despois de dúas etapas, o galego Brandan Márquez, xefe de filas do conxunto valdeorrés, lidera a clasificación dunha das carreiras por etapas MTB máis dura do mundo: o Iron Bike Italia.

Tralo subcampionato conseguido o ano pasado, o ciclista do Tres Lunas “vese con forzas, ganas e moitas opcións de conseguir o título nesta segunda participación”, din dende o club valdeorrés, destacando as “boas sensacións” do ciclista. “Aínda é cedo pero xa conseguimos poñer o selo Valdeorras no máis alto do ciclismo internacional”, conclúen.

 

Artigos relacionados

Back to top button