ConcellosO BarcoÚltima hora

O Túnel do Terror do Barcoaberto será finalmente no pavillón vello do Barco

Muda a súa ubicación inicial por motivos meteorolóxicos e terá dous pases o sábado 28 de outubro

 

Conta atrás para a celebración do Samaín no Barco Centro Comercial Aberto (CCA), que se desenvolverá os días 27 e 28 de outubro. O programa encetarase o venres día 27 ás 17:30h. na praza do Concello do Barco cun taller tarro-momia, ademais entre as 17:30h. e as 19:30h. haberá pintacaras e fotomatón e ás 19:30h. espectáculo “Abracadaver” do Circo do Terror. Para participar nos talleres é precisa inscrición previa presentando un tícket de compra por importe superior a 10 euros.

Especialmente destacada será a programación, xa que por vez primeira se organizará un túnel do terror, que nun principio estaba previsto na rúa Doutor Pérez Lista, pero, “por motivos meteorolóxicos” a organización vén de informar de que pasará a realizarse no pavillón vello do Concello do Barco. Haberá dous pases: un ás 19:30h. e outro ás 21h. Será preciso presentar un tícket de compra de alomenos 5 euros, para que poidan entrar dúas persoas.

 

 

Previamente, pola mañá tamén na praza do Concello haberá actividades como obradoiro infantil, fotomatón e pintacaras.

Artigos relacionados

Back to top button