CulturaCulturaÚltima hora

O último filme do director petinés Ignacio Vilar chega a Folgoso do Courel

"María Solinha" proxectarase o 16 de outubro ás 20:30h. na praza Manuel Fraga Iribarne

 

Un afamado director de teatro chega a Cangas do Morrazo para reconstruír a lenda de María Solinha, que en realidade era María Soliño; aínda que Soliña (así ou ben con nh) é como o reflectiu a literatura. Así comeza María Solinha, o último filme do director petinés Ignacio Vilar que será proxectado o vindeiro 16 de outubro na praza Manuel Fraga Iribarne en Folgoso do Courel (Lugo), denntro da programación do Xacobeo 2021 da Xunta  e das actividades da Rede de Normalización Lingüística

O filme será presentada polo seu director ás 20 horas e película, cuxo acceso será de balde, dará comezo ás 20:30 horas e de seguido haberá unha charla-coloquio co director. No caso de choiva, trasladarase á Nave da Serra.

María Solinha foi unha das máis famosas “bruxas” de Galicia, onde mesmo hai rúas co seu nome. Ignacio Vilar, autor das cintas A Esmorga, Pradolongo e Vilamor entre outras “é un prolífico cineasta que sentiu atrapado pola historia dunha muller enorme que debía chegar xa ao común dos mortais e saír da lista das descoñecidas entre a sociedade”, aseguran dende o Concello de Folgoso do Courel. A película, producida por Vía Láctea Films e TVG, narra as peripecias de María, unha viúva con posibles acusada de bruxería pola Inquisición, feito que lle custou a vida. O relato móvese entre principios do século XVII, cando iso ocorreu, e o XXI, porque entronca coa muller actual.

 

Artigos relacionados

Back to top button