ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O único sendeiro estelar nocturno de Galicia, na Veiga

Inaugurábase con motivo da “I Chuvia das Xeminídas en Trevinca”, o 12 de decembro

Medio cento de persoas de diferentes puntos de Galicia asistían á I Chuvia das Xemínidas en Trevinca, o pasado 12 de decembro na Veiga. Entre eles había afeccionados á astronomía, hostaleiros desta zona valdeorresa e familias. O programa de actividades comezaba pola mañá cun obradoiro sobre “Mecánica Celeste e uso de software planetario”, a cargo de Óscar Blanco. Tamén se impartía unha sesión sobre manexo de planisferios celestes adquiridos polo Concello da Veiga e que estarán a disposición dos turistas.

Pola tarde tiña lugar outro novo obradoiro sobre montaxe e manexo de telescopios da man de Pablo Canedo. E, despois dunha cea de confraternidade, ás dez da noite realizábase a ruta inaugural do Sendeiro Estelar do Rañadoiro, o único existente en Galicia, tal e como se destaca dende o Concello da Veiga, que é asemade o único destino “Starlight” do noroeste da península. Nese lugar tiña lugar unha observación do ceo, seguida do concerto “Nanas para Trevinca” a cargo dun grupo de saxofóns.

Fotos: Concello da Veiga
Fotos nocturnas: Carmen Denébola Álvarez

Artigos relacionados

Back to top button