EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O V “Cociña con Castaña de Galicia” xa ten premiados

Publicidade
As finais deste certame desenvolvíanse o 28 de abril na Aula de Cociña Porto-Muíños en Cambre (A Coruña)

Eran sete receitas finalistas e tres galardóns. O V Certame “Cociña con Castaña de Galicia” decidíase na tarde do 28 de abril na Aula de Cociña Porto-Muíños en Cambre. Na categoría de salgado chegaban á final “Outono na castiñeira” de Carlos Javier González Sánchez e “Falso botillo de castañas” de Juan Lázaro Araújo. Xa nas receitas doces competían “Tarta de castañas” de Juan Carlos Alonso Cortés e “Pannacotta de castañas” de Margarita Iglesias Nuñez.

Tras a fase final, como mellor receita salgada desta edición recoñecíase o “Outono na castiñeira” de Carlos Javier González Sánchez, mentres que na categoría doce o galardón era para Juan Carlos Alonso Cortés con “Tarta de castañas”.

Ademais o certame incluía un apartado para a mellor receita elaborada por estudantes de hostalaría. Desta volta as finalistas eran “Dado de foie-grass con castaña glasse e picada de brona” de Borja Mora Alonso e “Bombón ibérico de castaña confitada e mix de queixos galegos” de Alberto Feros Suárez. O premio correspondíalle á receita de Borja Mora Alonso.

Os galardóns do concurso eran entragados polo presidente da IXP Castaña de Galicia, Jesús Quintá. Dende este consello regulador amosábase o seu agradecemento “a todos os participantes desta edición pola vosa creatividades e boas ideas nos pratos elaborados e a nosa máis sinceira noraboa aos gañadores”.

O concurso ten sido organizado, un ano máis, pola IXP Castaña de Galicia. O acto incluía tamén un sorteo de lotes de produtos galegos de calidade entre o público asistente, así como unha demostración e degustación de pratos feitos con castaña.

Fotos cedidas por IXP Castaña de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button