CulturaCulturaEn portadaMúsicaÚltima horaVídeos

O V Serán da Seitura de Manzaneda rende homenaxe aos cantores das terras de Trives

Publicidade

 

Manzaneda convértese nessta fin de semana no “referente da música popular galega”, coa celebración da XIII edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, o V Serán da Seitura e a Noite Celta.

O programa arrancba na tarde deste sábado 30 de xullo na praza da Igualdade de Manzaneda, a carón do monumento a Ludivina Peréz Ricoy, coa celebración do V Serán da Seitura, enmarcado na homenaxe ás cantoras Clotilde Salgado, Consuelo López e Aquilino de Bidueira.

 

 

Nesta cita, presentada polos regueifeiros Lupe Blanco e Kike Estévez, actuaban por este orde: a violinista María Rodríguez, neta de Ludivina; as cantoras Clotilde e Consuelo de Soulecín; o grupo de acordeóns Airiños da Porta Falsa de Manzaneda; os catores Aquilino de Bidueira e Jacinta de Lentellais; o grupo de gaitas e baile Pinguela de Manzaneda; os cantores Blandina de Catarós, Digna e Fiuca de Trives e Rogelio de Aceveda; as Cantareiras da Real Banda, pastoras de Santa Baia de Montes; e a real Banda de Gaitas Xuvenil.

Todos os participantes recibían un diploma de mans do organizador, Xosé Lois Foxo e do alcalde de Manzaneda Amable Fernández. Ademais, os homenaxeados recibían unha medalla.

Hoxe pola noite celébrase na estación de montaña de Manzaneda a Noite Celta e mañá, a partir das 11:30 horas o campo de competicións de Cabeza de Manzaneda acollerá a fase final da XIII edición do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button