DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O valdeorrés Alejo Ares imponse na 13ª Carreira dos Santiños do Barco, con case 240 inscritos

Ademais da carreira dos maiores, a proba incluía probas para as categorías base que se celebraban na pista de Calabagueiros

 

O atletismo retaba ao frío e a chuvia na mañá deste 8 de decembro no Barco. Numerosos atletas, de todas as idades e chegados dende diferentes puntos de Galicia, congregábanse na zona de Calabagueiros para participar na 13ª Carreira Popular dos Santiños, que se desenvolvía con varias novidades. A primeira era o cambio de data, pasando de novembro a decembro; a segunda a homologación do circuíto (de 2,5 km e con algúns cambios con respecto a edicións anteriores) e, a terceira, as medidas anticovid.

O programa da proba encetábase coa carreira dos maiores, onde competían os Sub 16, Sub18/20 e os Sub23, os senior masculino, os absolutos masculino, así como todas categorías femininas e as master masculinas e femininas. Para evitar problemas co tráfico e manter a seguridade, xa que todo o tramo da proba é urbano é principalmente por estrada, organizábase un operativo que contaba coa Policía Local do Barco, cos voluntarios de Protección Civil da Rúa e do Barco e con membros da Cruz Vermella.

 

 

Os atletas reuníanse nas proximidades do pavillón polideportivo de Calabagueiros, dende onde se procedía a dar a saída. A partir de aí todas as categorías (agás os Sub16 un percorrido de 2,5 km), dábanlle dúas voltas ao circuíto: co seguinte percorrido: rúa Río Mariñán, Barco de Ávila, Paseo do Malecón (onde se establecerá un control de paso), rúa Coruña e Calabagueiros, onde se situaba a meta. O primeiro en cruzala, e cunha notable vantaxe con respecto ao resto dos atletas, era o valdeorrés Alejo Ares, do Club Adas.

 

 

Xa a partir das 12:40h., comezaban a disputarse na pista de atletismo de Calabagueiros, as carreiras das categorías base serán nas pistas de atletismo. As saídas comezarán a darse por categorías a partir das 12:40h. cos Sub14 masculino e feminino, que corrían unha distancia de 600 metros.

Entre os participantes había atletas do Club Atletismo Rúa, das Escolas Deportivas de Trives, do CEIP Bibei de Viana do Bolo, ademais de atletas do Club Adas do Barco, entre outros.

Ademais esta proba deportiva, organizada polo Club Adas en colaboración coa Delegación Valdeorresa da Federación Galega de Atletismo e co Concello do Barco, tiña un carácter solidario a beneficio da Cruz Vermella Valdeorras e os participantes podían entregar xoguetes solidarios nun posto instalado nas pistas de atlestismo.

 

 

Esta proba estaba incluída no calendario oficial da FGA e estivo controlada polo Comité de Xuíces desta mesma federación. Ademais para o seu desenvolvemento contábase coa colaboración de voluntarios.

Fotos: A.R., agás as tres últimas que son cedidas pola Delegación Valdeorresa de Atletismo.

(Ampliarase información).

Artigos relacionados

Back to top button