O comité organizador da 49ª Subida a Chantada vén de publicar a Lista de Rexistrados da proba. Así, nesta cita nacional de Montaña da Ribeira Sacra contarase con pilotos de máximo nivel internacional e cos habituais do Campionato de España da especialidade.
Ademais, entre os participantes está o piloto barquense Carlos López, que de novo tomará a saída co seu Renault Clio Williams. López estreábase na competición a finais de xuño na V Subida a Valdeorras. En Chantada competirá en categoría 1 en carrozados.
“De novo a Subida a Chantada cumpre as mellores expectativas en participación, como fai ano tras ano desde corenta e oito edicións atrás, para converter á comarca durante unha fin de semana no epicentro do mellor automobilismo de Montaña”, aseguran dende a organización.