DeportesPescaÚltima horaVídeos

O valdeorrés Daniel Rodríguez pesca unha robaliza de 7 kg e 88 cm preto de Caión (A Coruña)

 

“Non creo que na vida volva coller outro peixe así, isto é alucinante!”. Así celebraba o valdeorrés Dani Rodríguez Franco a captura dun robalo (unha robaliza grande) preto de Caión (A Coruña). Este exemplar pesaba 7 quilos e tiña 88 cm de longo. Este logro conseguíao o pasado inverno pero agora pode verse na súa canle de youtube.

“Cando buscas robalizas moi grandes o normal é volver para casa sen carga xa que tes que utilizar reclamos máis grandes, os peixes pequenos non adoitan interesarse moito por eles e sempre é difícil cruzarse con robalizas grandes”, comenta este mozo natural do Barco e que agora reside na Coruña.

 

 

Ademais relata como aos poucos lances, cando apenas estaba a amencer, “tiven unha picada moi grande. Empezou a sacar moito fío do carrete pero con paciencia puiden ila achegando aos poucos ata conseguir sacala. É unha sorte cruzarse cun peixe tan grande e máis sorte é conseguir poñela en seco”, celebra.

Fotos e vídeo cedidos por Dani Franco.

 

Artigos relacionados

Back to top button