
Fin de semana de carreira para o piloto barquense Diego Teixeira, que participaba na carreira de Cross Country do Campionato de Castela e León disputada o sábado 19 de outubro na localidade leonesa de Olleros de Sabero.
Tal como el mesmo explica, tivo unha boa saída e pudo colocarse de primeiro. “Despois adiantáronme dous pilotos pero puden volver adiantalos nunha zona de regato moi técnica xa que chovía e estaba moi enlamado todo o circuíto”, conta, destacando que precisamente grazas a ese paso lograba manterse na primeira posición ata o final da carreira.



