DeportesEnduroÚltima horaVídeos

O valdeorrés Diego Teixeira roza o podio no II Hard Enduro A Rúa

A canteira de San Xulián supuxo todo un reto para os pilotos da categoría Pro

 

A dureza caracteriza as probas de enduro extremo, unha competición en moto de campo que fai as delicias dos máis atrevidos aínda que en moitas ocasións teñan que sufrir para lograr completar as carreira. E se non que llo pregunten aos participantes na II Xtrem A Rúa que se celebraba na xornada do sábado 26 de marzo en Valdeorras.

Tras un prólogo sinxelo e en pleno casco urbano, a carreira comezaba pasado o mediodía polos montes de San Xulián sobre un duro circuíto dun 15 quilómetros incluíndo, entre outros puntos, unha canteira onde se facía moi complicado o paso dos endureiros que na categoría Pro debían dar tres voltas nun máximo de seis horas. A modo anecdótico e como presaxio da dureza que se esperaba, un afeccionado puxo unha caveira no sinal.

 

Endureiros empurrando as motos no circuíto de San Xulián, A Rúa.

 

A proba contaba coa participación de nomes de referencia no mundo do enduro extremo como o portugués Diogo Diogo Vieira que se alzaba coa primeira posición na categoría Pro, seguido moi de cerca polo campión de España Josu Artola e Carlos Burés. O piloto local Diego Teixeira que, minutos antes de comezar a carreira asegura estar nervioso por correr en casa, quedaba ás portas do podio, logrando un meritorio cuarto posto.

Na categoría Hobby subía ao podio outro vsldeorrés, Raúl Rodríguez, segundo clasificado moi preto do gañador.

Máis información, fotos no seguinte enlace: https://osil.info/alta-participacion-e-dureza-no-ii-xtrem-a-rua-co-prologo-no-centro-da-vila-e-a-carreira-por-san-xulian/

Nestes vídeos pode verse a dureza do circuíto polos montes de San Xulián, con moitos dos pilotos empurrando as motos para poder subir.

 

 

 

 

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button