EconomíaEconomíaÚltima hora

O valdeorrés Iago Fraga, finalista nos XIII Premios MOCE de emprendemento

Foi seleccionado como finalista cun proxecto de formación e consultoría de produtividade para empresas cun enfoque innovador

 

O emprendedor barquense Iago Fraga vén de ser seleccionado como finalista da XIII edición dos premios MOCE promovidos pola Fundación Ronsel coa colaboración da Xunta de Galicia e o BBVA.

A entrega de premios, celebrada na Fundación Paideia de A Coruña, foi presentada por Covadonga Toca Carús, secretaria Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia que estivo acompañada por Daniel Miguel Fernández, director de Zona Galicia Norte de BBVA e por Luis García Deber, director da Fundación Ronsel.

Estes premios, que teñen por obxectivo impulsar a actitude emprendedora e salientar a importancia dos autónomos e autónomas en Galicia, escóllense en base aos criterios de impacto local, carácter tecnolóxico, sostibilidade, igualdade, conciliación e creación de emprego.

Iago Fraga foi seleccionado pola súa actividade de mentor, formador e consultor de productividade que exerce acompañando a empresas e entidades de Galicia, Cataluña, Navarra e Madrid desde a súa oficina no Barco de Valdeorras.

O empresario barquense foi o único representante ourensán entre os proxectos finalistas (provintes de a Illa de Arousa, Paradela, Porto do Son, Friol, Ribeira e A Coruña) que foron seleccionados entre máis de 50 proxectos provintes de toda Galicia.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button