CulturaCulturaÚltima hora

O valdeorrés Jesús González Trincado dará un recital poético no Ateneo de Ourense

Será este xoves 5 de outubro ás 19 horas

Jesús González Trincado./ Foto cedida.

 

O Ateneo de Ourense organiza un recital poético do pintor e escritor valdeorrés Jesús González Trincado baixo o nome de Sentimientos, título do poemario ao que pertencen os poemas que recitará “creados na súa maioría no verán de 2019 á beira do río Tirón e adicados a grandes amigos que se foron en distintos momentos e en distintos lugares”, explican dende a entidade cultural ourensá.

Nado en Vilela (A Rúa), González Trincado manexa a arte surrealista con obras que abarcan dende o óleo, acuarela, aguadasguaches ou debuxo a plumilla, ata grabados e mesmo escultura (en madeira, bronce e barro), ademais da arte das letras con obras poéticas como as que presentará no Ateneo.

A cita será o vindeiro xoves 5 de outubro ás 19 horas na sede provisional do Ateneo de Ourense, no Centro Cultural Marcos Valcárcel (rúa do Progreso, 30).

 

Artigos relacionados

Back to top button