ConcellosÚltima hora

O valdeorrés José Quiroga Suárez, Fillo Predilecto da provincia de Ourense a título póstumo

O pleno da Deputación provincial aprobaba este recoñecemento na sesión plenaria deste venres

 

Entre os puntos aprobados na sesión deste venres do pleno da Deputación de Ourense figuraba  ocde conceder a distinción de Fillo Predilecto da provincia de Ourense, tamén a título póstumo, a José Quiroga Suárez (Petín 1920-A Rúa 2006), “como homenaxe e recoñecemento do pobo de Ourense a un dos grandes prohomes da autonomía galega”, que coa súa contribución “acadou para Galicia catro décadas de benestar e progreso”.

O instrutor desta distinción, o vicepresidente primeiro Rosendo Fernández, repasou “as meritorias circunstancias persoais e profesionais” que levaron a propoñer a José Quiroga para este título, partindo da súa condición de médico, que exerceu na Rúa durante 50 anos, ata a súa traxectoria política que principiou como alcalde da vila valdeorresa entre 1953 e 1956. Foi conselleiro de Sanidade (1977-1979) e presidente da Xunta de Galicia desde xuño de 1979 ata xaneiro de 1982, período no que redactou e aprobou o Estatuto de Autonomía para Galicia. En 1977 converteuse no senador máis votado de Galicia, mantendo este cargo ata 1986.

Artigos relacionados

Back to top button