AutomobilismoDeportesEn portadaÚltima hora

O valdeorrés Leo Pérez, terceiro en CD/Mini no Campionato Social de Karting de Cabañas

O piloto, que debutaba nesta categoría, empataba a puntos co segundo clasificado nunha competición na que ademais se estreaba co equipo ALC Motorsport

 

O seu obxectivo era o podio e cumpríao. O barquense Leo Pérez Pereira vén de demostrar unha vez máis o seu talento como piloto de karting ao facerse cun terceiro posto no Campionato Social Cabañas Raras (León).

Na xornada do sábado lograba dous terceiros postos e na deste domingo melloraba e facíase con dous segundos postos, que lle valían o terceiro lugar da proba, pero empatado a puntos co segundo clasificado. “Foi unha fin de semana incrible, corrín contra campións de España e de varios rexionais”, destaca o propio piloto, que ademais debutaba na categoría Cadete/Mini e competía por vez primeira co equipo ALC Motorsport (que leva a marca Kosmic Kart).

 

 

Ademais, como vén sendo habitual, o kart deste valdeorrés levaba un motor de Javier Modroño. todo un referente do mundo do kart en Asturias, cuxos coñecementos influíron en diversas xeracións, dende Fernando Alonso ata Óscar Palacio.

 

O barquense Leo Pérez entrando segundo en meta nunha das carreiras do domingo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Leo era o máis pequeno da categoría e era a súa primeira carreira nela, fíxoo incrible e no novo equipo portáronse de marabilla co neno e el está encantadísimo tamén co novo kart. Rodou en tempos do campionato de España, así que estamos moi moi contentos. Leo é un campión”, destaca o seu pai, Julio Pérez.

 

Pesaxe de Leo Pérez tras unha das carreiras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ademais agredece o apoio de todos os colaboradores cos que contan e, de xeito especial, a Carrizo de Distribuciones Carrizo “por todo o que fai por Leo”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Leo Pérez con algúns dos seus patrocinadores./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O piloto valdeorrés no podio do campionato./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button