CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

O CD Barco crea, por primeira vez na súa historia, un equipo filial

Sairá en terceira rexional na tempada 2024/2025

Xogadores do CD Barco celebrando un gol en Calabagueiros./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Intentárono na pasada tempada pero ían moi xustos de tempo así que será nesta, cando o CD Barco saque por primeira vez na súa historia, un equipo filial.

Tal como avanza o presidente do club vermello, Nilo Ramos, na última asemblea acordaban que se había interese e xente, formarían un novo equipo e visto que se cumpren os dous requisitos, sairá na tempada 2024/2025 que xa están perfilando.

“Trátase de darlle continuidade aos xogadores de base que quedan na vila e tamén un pulo aos xuvenís”, di Ramos, recoñecendo que están moi ilusionados. “Como é lóxico sairán en terceira rexional, baixo as ordes de Ricardo Prada e xa temos 19 xogadores”, di, asegurando que o equipo xa está federado.

 

Artigos relacionados

Back to top button