O atletismo base galego tomaba parte nesta fin de semana no VII Campionato de España Sub14 individual, que se desenvolvía na cidade de León. Entre os representantes galegos estaba o atleta Mateo Valcarce do Club Adas Cupa do Barco, que competía neste domingo.
O valdeorrés participaba nunha das modalidades de triatlón, a E, en cuxa clasificación xeral lograba un noveno posto, cun total de 1.205 puntos.
Nestas imaxes pode verse a Mateo Valcarce Fernández no campionato, nunha das saídas e, finalmente, xunto ao lanzador de peso leonés Manuel Martínez, que foi a catro Olimpíadas.
Fotos cedidas.