DeportesÚltima hora

O valdeorrés Paco Bao completa en Santiago a súa carreira 664

 

Continúa a tempada para o atleta veterano valdeorrés Paco Bao, do Club Adas Cupa do Barco, que nesta fin de semana corría en Santiago de Compostela. En concreto tomaba a saída no IX Circuíto CorreSan de Santiago, na proba celebrada no Barrio de San Pedro.

Era a carreira 664 da súa traxectoria deportiva e completaba o traxecto nun tempo que rozaba os 37 minutos. Este valdeorrés destaca o seu afán por seguir facendo atletismo máis alá dos resultados. “Sabía que mesmo pechando o peloltón, ía levar unha ovación”, comenta. A vindeira fin de semana ten previsto correr no IV Pajariel Trail.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button