OurenseÚltima hora

O vehículo de vixilancia integral (AVI) da Policía Local de Ourense volve estar operativo

O obxectivo desta unidade é concienciar e fomentar o respecto ás normas de tráfico

Vehículo de vixilancia integralo da Policía Local de Ourense.

 

Logo de que se completasen os traballos de reparación encargados polo Concello, vehículo de vixilancia integral do tráfico (AVI) da Policía Local de Ourense volve estar plenamente operativo.

A unidade regresa así ao servizo e estará operativa as 24 horas do día, aínda que principalmente en horario de día, para percorrer as rúas da cidade coa finalidade de favorecer a seguridade e concienciar e promover o respecto por parte das persoas condutoras de vehículos da normativa de tráfico, principalmente en materia de estacionamento.

Asi o explica o concelleiro de Seguridade Cidadá, Telmo Ucha: “O que queremos principalmente é atallar o uso e abuso do estacionamento non permitido nas paradas de autobús, nos pasos para peóns e en carrís de circulación en xeral, porque hai condutores que de socato paran en carrís de rúas como a do Progreso, a Avenida da Habana, a Avenida de Marín, entre outras, xeralmente para realizar xestións de pouco tempo, pero que interrompen carrís de circulación e supoñen un grave problema para o tráfico, xa que poden afectar, por exemplo, á circulación de vehículos de emerxencia”.

O vehículo, xa que logo, volve estar plenamente operativo, aínda que o edil de Seguridade Cidadá confía “que traia poucas sancións, porque o sentido deste vehículo non é po recadatorio senón a concienciación”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button