ConcellosO BarcoÚltima hora

O vento volve complicar o incendio, orixinado en Riodolas e que chegou ao Barco, e leva queimadas 2.800 hectáreas

 

O lume segue ameazando ao municipio do Barco. Ao mediodía deste luns o vento volvía tirar con forza e víanse de novo enormes chamas na parte da montaña situada fronte á parte final do Paseo do Malecón do Barco, en zonas como a da estrada de Santigoso, que arestora está cortada ao tráfico. Tamén se reactivou na ladeira da zona de Carballeda de Valdeorras collendo velocidade.

Neste incendio, que se orixinaba na noite do xoves en Riodolas (Carballeda de Valdeorras) segue decretada a Situación 2 como medida preventiva.

Este incendio forestal orixinouse afecta unha superficie estimada de 2.800 hectáreas, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería do Medio Rural. No seu control levan participado en total 7 técnicos, 32 axentes, 67 brigadas, 35 motobombas, 3 pas, 10 avións e 7 helicópteros. Neste lume participa a Unidade Militar de Emerxencias (UME).

 

Artigos relacionados

Back to top button