Apenas 15 días despois da presentación oficial do seu corpo técnico, o Verín CF vén de iniciar os adestramentos da súa pretempada na tarde deste luns 16 de agosto, con Juanjo Vilachá á cabeza do equipo.
Neste primeiro adestramento, que se desenvolvía no Estadio José Arjiz, a directiva do club desexáballe éxitos ao conxunto verinés, mentres que o seu técnico, Juanjo Vilachá aseguraba que nesta tempada vaise adestrar duro e que se vai traballar, de forma que este campo se converta “nun inferno” na liga para os clubs visitantes.
Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.