Terceira vitoria consecutiva para o CD Rúa que non perdoa na recta final da liga. A falta de dúas xornadas para que remate a tempada en Segunda Futgal, na tarde deste domingo os rapaces de Javi Ferrer vencían 3-0 ao Rayo 21 CF.
Malia a primeira media hora de partido sen moitas ocasións eran os locais os que se adiantaban no marcador co gol de Eric no minuto 42. Co 1-0 chegaga o descanso e tralo paso polo vestiario era Lora que volvía anotar para o Rúa, xa no minuto 68. O terceiro gol amarelo era obra de Hugo xa no minuto 80.
Co 3-0 final o CD Rúa suma a vitoria número 12 dunha tempada complicada que empezaba a mellorar xa no tramo final, situándose no posto 12º, lonxe do descenso.
A vindeira xornada levaráos ata Cortegada, rematando a liga en casa, na fin de semana do 9-10 de maio en casa contra o Cenlle.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.