
Na tarde do sábado 8 de xuño o presidente provincial, Luis Menor, aplaudía o “excelente clima de deportividade” na disputa da final da Copa Deputación, á que asistiu no campo de O Couto e logo de participar na entrega do trofeo ao equipo campión, o Verín CF.
A Copa Deputación 2024 uniu a dous equipos históricos da provincia, Verín CF e CD Barco, cunha gran masa social de seareiros e potentes canteiras, que gozaron dun gran encontro no estadio da capital. Luis Menor tamén felicitou ás afeccións de ambos equipos por contribuír a un gran espectáculo deportivo”.

O Verín CF, equipo fundado en 1971, acadou o ascenso directo a Preferente nesta tempada logo de quedar campión de 1º Galicia. Estivo tamén en 3ª división chegando a xogar unha promoción de ascenso para 2ª división B. Gañou a Copa Deputación en 2007 e 2011.
O CD Barco foi fundado en 1973. Estivo 18 temporadas en 3º división e agora milita en Preferente, polo que na vindeira tempada este encontro repetirase como derbi. Foi campión da Copa Deputación en 1980 e 1981.