Cunha importante vitoria 2-1 ante o Valladares, resolvía o Verín CF o partido da xornada 13ª de Preferente, disputado na tarde do domingo 4 de decembro no campo José Arjiz, diante dunha entregada afección.



Con Iván González no banquiño e a estrea da nova incorporación, Omar Navarro, o equipo vermello resolvía o partido cos goles de Miguel Vilachá no minuto 67 e de Hugo García no 80′, sentenciando un partido que deixou moi boas sensacións. “Cando se gana sempre é para estar contentos e máis cando o contido é aínda mellor que o resultado, como nesta ocasión”, aseguraba o míster tralo partido, recoñecendo orgullo que semana tras semana o plantel “demóstrame a súa predisposición ao traballo volvéndose cada vez máis Iván González”.
Con este resultado, o Verín sitúase no posto 13º da clasificación con 15 puntos. A seguinte cita será no campo do Vilalonga.

Fotos: Carlos G. Hervella.