PolíticaÚltima hora

O verinés Diego Lourenzo, novo deputado galego do BNG por Ourense

Releva a María González Albert, rexedora da Rúa tras os comicios celebrados o pasado 28 de maio

 

Os novos deputados do BNG, o verinés Diego Lourenzo Moura tomaba posesión hoxe posesión do seu escano na Cámara galega. Hoxe prestaba promesa do seu novo cargo como parlamentarios. Diego Lourenzo Moura, pola súa banda, será o novo parlamentario pola provincia de Ourense, posto no que releva a María González Albert, rexedora da Rúa tras os comicios celebrados o pasado 28 de maio.

Diego Lourenzo Moura é técnico superior de Administración e Finanzas. Chega tamén ao Parlamento galego dende a política municipal, tras desenvolver a súa actividade como concelleiro do BNG en Verín entre os anos 2011 e 2015. Nos comicios de 2015 foi cabeza de lista neste concello e formou no goberno municipal como primeiro tenente de alcalde e portavoz do Goberno do Concello, cargos que revalidou nas citas electorais de 2019 e 2023.

Tamén tomaba posesión do seu cargo hoxe Cristina Fernández Davila, que substitúe como deputada pola provincia de Pontevedra a Manuel Lourenzo Sobral, alcalde de Soutomaior.

Artigos relacionados

Back to top button