O atleta veterano Carlos López Gudiña, de Andarines Arcos (Vilamartín de Valdeorras), segue sumando quilómetros. Nesta ocasión desprazábase ata a cidade do Lérez para participar no XXIX Medio Maratón de Pontevedra (V10K) organizado pola Sociedad Gimnástica en colaboración co Concello e patrocinada por CaixaBank.
Unha proba atlética celebrada este domingo 20 de outubro que contou con preto de 1.500 inscritos entre os que estaba o valdeorrés que remataba no posto 712, completando un total de 21,19 km. nun tempo de 1:59:54. Ademais de correr, nun día de chuvia e vento forte, Carlos volvía amosar o seu apoio á Carreira contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín que se celebrará o vindeiro domingo 27 de outubro, lucindo a camiseta morada.