EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O VI Concurso Cociña con Castaña de Galicia xa ten premiados

Catro receitas finalistas loitaban polos galardóns na final que se celebraba na tarde do 2 de xuño

Deliciosas, orixinais, innovadoras e coidadosamente elaboradas. Así eran as receitas dos finalistas do VI Concurso Cociña con Castaña de Galicia. Defendíanas ante o xurado na derradeira fase deste certame, convocado pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, que se celebraba na Aula de Cociña Porto-Muíños (Cambre, A Coruña).

Había dous finalistas por cada unha das categorías: a “Mellor receita de castañas doce”, “Mellor receita de castañas salgada” e a mellor receita de estudantes. No caso da receita salgada competían polo premio o “Baozi de castaña con conejo” de Alejandro Iglesias e a “Lasaña de castaña de Galicia” de David Luengo. Sendo a ganadora a proposta de Luengo.

No capítulo de doces, o xurado decidía entre o “Bizcoito fluído de castaña” de Ángel Martínez e os “Anillos de otra época” de Miguel Armada. O galardón recollíao finalmente Ángel Martínez.

E no apartado de estudantes participaban nesta final Andrea Muñoz con “El castaño” e Ana Isabel Martín con “Horto de outono”. O premio desta volta recaía en Andrea Muñoz.

Dende a IXP Castaña de Galicia expresábase o seu agradecemento a “todos os participantes desta edición pola súa imaxinación e dedicación na elaboración de todas as receitas e a nosa máis sincera noraboa aos gañadores”.

Fotos: IXP Castaña de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button