A organización do FestiLago vén de facer pública a súa programación que, na sexta edición deste evento, estará dedicada a África. “Na aldea de Lago (Carucedo, León), pese a non chegar aos 50 habitantes, somos capaces de organizar un festival internacional como de andar por casa“, comentan.
Os actos comezarán o 2 de agosto ás 19h. coa inauguración da exposición “Cerámica África” de Alba Barrero na Fábrica (Carucedo). Para o día 3 de agosto ás 19h. está prevista a actuación de Batuko Tabanka (Cabo Verde-Burela) no Campo de Lago (Castiñeiro de Plinio) e ás 23h. haberá DiscoÁfrica no polideportivo.
Os actos continuarán o 4 de agosto cun taller de danzas africanas ás 19h. e coa proxección ás 22:30h. do filme “Los dioses deben de estar locos” e, deseguido, do documental “Si Ka Badu, Ka Ta Biradu”, na Aira do Cine.
Finalmente, o 5 de agosto será a estrea mundial da Orchestra FestiLago.
