
O sábado día 8 de abril, en plena Semana Santa e no marco da Festa da Vitela, a música dos romances volverá soar no Castelo de O Bolo, na VI edición do Festival Medieval, un evento que reunirá na fortaleza a un cento de músicos e que este ano homenaxea ao Severino Salgado García “Ino” un dos membros máis veteranos do Folión de Buxán falecido en xaneiro.
Presentado coma sempre por Manola Porto, o programa abrirase ás 18:30 horas coa recepción á Dona Urraca (interpretada por Carmen Penim) polo alcalde de O Bolo, Manuel Corzo. De seguido sucederanse as actuacións, coas intervencións da Banda de Gaitas do Concello de O Bolo; do Grupo de Zanfonas da Escola Provincial de Gaitas; de El Parvianu; das cantoras de Trives; de Alexader Suárez; de Rogelio da Aceveda; de David Bellas; de Blandina de Cotarós; de Nadia Vázquez; e de Jacinta Fernández Alonso de Lentellais.
Carmen Penim e Cantareiras da Real Banda escenificarán o Romance de Dona Urraca e Égloga operística Pastora da Serra Sola, rematando o festival coa actuación da Real Banda de Gaitas da Deputación.