Coa derrota 1-2 no campo das Carrelas ante o Manchica, remataba o C.D. Viana a xornada 18 de liga en segunda autonómica, disputada na fría tarde do 20 de xaneiro.
O temperán gol de Héctor (marcaba no minuto 3) adiantaba aos locais no marcador, pero ese sería o único tanto do Viana no partido, insuficiente fronte aos dous do Manchica. Mario marcaba o empate no 38′ e Ismael sentenciaba no 59′.
Malia este traspés, os rapaces de Julio Couso levan unha boa tempada, cun total de 13 vitorias, 4 derrotas e 1 empate que o manteñen no segundo posto da clasificación, a dous puntos do líder, o Molgas e a un do terceiro, o Ourense CF “B”.
A seguinte cita para os vianeses será dentro de oito días no campo do Espadana, faroliño vermello do grupo.
Fotos: Carlos G. Hervella.