DeportesFútbol salaPizarras Los Tres CuñadosÚltima horaVídeos

O Vianariño FS vence 9-2 ao Tres Cuñados FS no derbi disputado nun abarrotado pavillón de Viana

 

Con contundencia. Así vencía o Vianariño FS ao Pizarras Tres Cuñados FS no derbi disputado na tarde do sábado 25 de xaneiro no pavillón municipal de Viana do Bolo.

 

 

Diante dun animado público que enchía as bancadas do pavillón, eran os de Xocas Miranda os que se adiantaban no marcador cun temperán gol de Borja no minuto 4, ao que respondía Edgar na contra marcando o gol do empate. A partir de aí, o Vianariño víñase arriba marcando sen descanso. Ígor facíao en dúas ocasións, Jonathan noutras dúas e tamén Borja facía dobrete, completando a goleada os tantos de Kévin e Sergio. No minuto 77 Hamza anotaba o segundo para os de Felipe Álvarez pero quedaban sen tempo para máis.

 

 

Co 9-2 final o Vianariño FS ratifica o seu liderato na Preferente Futgal sur con 44 puntos en 18 partidos. O Tres Cuñados pola súa banda é terceiro con 37 puntos.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button