A RúaConcellosÚltima horaVídeos

O viño, a tradición e a historia centran a xornada do I Foro do Camiño de Inverno por Valdeorras na Rúa

 

Baixo o título ‘Viño, tradición e historia no Camiño de Inverno por Valdeorras’ arrancaba na mañá deste sábado 15 de outubro a segunda e última xornada de traballo do I Foro do Camiño de Inverno por Valdeorras, promovido pola Asociación Ruta do Viño de Valdeorras coa colaboración dos Concellos do Barco e da Rúa.

E precisamente no segundo andar do Centro Cultural Avenida, na Rúa, procedíase á inauguración da xornada por parte do presidente da Ruta Joaquín Sánchez que daba a benvida aos asistentes cun perfil maioritariamente profesional que completaban o aforo, incluíndo ademais ao grupo de voluntarios europeos que están na Rúa dentro do programa Xacobeando. “Están axudando co tema do Camiño, falando cos peregrinos e coa xente, polo que se alguén ten algunha suxerencia pode poñerse en contacto con eles”, dicía Joaquín, excusando a ausencia por motivos persoais do alcalde da Rúa, Álvaro Fernández.

Antes de ceder a palabra á presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Inverno a Santiago por Valdeorras, Asunción Arias, que puxo a nota literaria e emocional ao acto, o presidente da Ruta destacaba unha vez máis que o obxecivo do Foro que conlúe hoxe é “contribuír a posicionar a comarca de Valdeorras como destino enoturístico, promocionando os diferentes activos que posúe a zona”, entre os que están as covas.

No acto inaugural, tamén particiban o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis García Pando, quen lembrou que a unión é importante para lograr os obxectivos.

 

 

Os ponentes de hoxe son Antón Alonso Suárez (editor da revista Vinos y Caminos); Rubén Camilo Lois (Catedrático de análise xeográfico rexional e coordinador do grupo ANTE); e Carina Rodríguez Rodríguez (arquitecta técnica).

O apartado teórico rematará coa presentación do vídeo das covas por parte de Joaquín Sánchez e unha mesa redonda sobre as covas de Valdeorras na que intervirán: Santiago Ferrer Sierra (arqueólogo e director da escavacións do xacemento romano Aquis Querquennis; Simón Val Armesto (xerente da Cova da Xabreira); Laura Mondelo García (xestora turística con mestría en Xestión Turística de Bens Culturais e Naturais); e Juan Ayres Janeiro (membro da xunta directiva de Hispania Nostra).

Pola tarde, os asistentes á xornada poderán desfrutar de tempo para o lecer e para o coñecemento dalgúns activos etnográficos da comarca posto que a organización do foro programou para eles un percorrido por un roteiro do Camiño de Inverno ao seu paso pola comarca, así como unha vista as covas de Seadur e unha cata de viños na cova da Xabreira en Seadur (Larouco).

Fotos: Carlos G. Hervella.
Vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button