ConcellosRubiáÚltima hora

O xantar de Manos Unidas de Rubiá recada máis de 7.300 euros

O equipo de voluntarios e colaboradores de Manos Unidas dá as grazas a todos os que participaron

 

A parroquia de Santa Mariña de Rubiá xunto co Consello Interparroquial de Parroquias Irmás do concello de Rubiá e demais colaboradores de Manos Unidas dan a coñecer a recadación conseguida no xantar solidario celebrado o pasado domingo 23 de abril. “Logramos recadar 7.371 euros grazas á venda de entradas, donativos, venda de artigos, rifas da tómbola e o mercadiño”, indican, puntualizando que os gastos foron 687 euros pola compra de lacónss, pan, empanadas, etc. e recoñecendo que “dar de comer a aproximadamente 320 persoas con estes gastos tan baixos non tería sido posible sen que moitas mans se unisen e traballasen xuntas ao unísono”.

Por iso o equipo de voluntarios e colaboradores de Manos Unidas dá as grazas a todos. Concello de Rubiá; Supermercados Gadis e Froiz; Carnicería Pascual; Panadería Santigoso, Panadería Las Huertas e Panadería de Rubiá; Trastos; Librería Murciego; Librería Yoli. “Todos os establecementos comerciais do Barco e Rubiá polos artigos que doaron á tómbola solidaria. Son demasiados para que entren todos neste agradecemento, aínda que ao entregar os agasallos sorteados nomeouse explicitamente cada comercio. A todos eles moitas grazas”.

 

 

Ás empresas Treval e Manufacturas Luma “grazas polos seus donativos económicos e tamén a todas aquelas persoas que anonimamente colaboraron economicamente co seu donativo”, din, dando un “agradecemento especial ao pobo de Biobra por prestar 100 cadeiras; a todos os voluntarios dos pobos de Oulego, Robledo, Porto, Real, Veiga de Cascallá, Vilanova, Cobas, O Barrio e O Castelo, Cernego, Biobra, Rubiá e do Barco. Grazas polo voso tempo, entrega e dedicación.”

Dan as grazas a Pablo da Veiga de Cascallá “polo servizo prestado do equipo de Megafonía; aos nenos de catequese por ser os mellores vendedores de rifas de toda a comarca; e finalmente grazas a todos e cada un dos que dunha maneira ou outra participaron xenerosamente nesta acción solidaria”.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button