O pavillón municipal de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) acollía este mediodía o xantar solidario a favor de Manos Unidas. Nel participaban unhas 170 persoas. Despois da comida tiña lugar un sorteo de agasallos doados por diferentes negocios de Sobradelo, Carballeda e do Barco.
No desenvolvemento deste xantar contábase coa colaboración de Gadis, Froiz e Eroski.
Fotos: Carlos G. Hervella.


18 de Maio de 2026