ConcellosGalerías de fotosRubiáÚltima hora

O xantar de Manos Unidas, en Rubiá, regresa trala pandemia e reúne a máis de 300 persoas

 

A solidariedade da sociedade valdeorresa volvía quedar de manifesto no mediodía deste domingo 23 de abril, día de San Xurxo, no decurso do xantar de Manos Unidos que tralo parón por mor da pandemia regresaba neste 2023 reunindo a máis de 300 persoas no pavillón deportivo municipal da localidade.

Cunha entrada de 7 euros (a recadación irá íntegra a Manos Unidas), os asistentes puderon degustar todo tipo de viandas (bocadillos variados, ademais de empanadas tortillas ou lacón) así como unha gran variedade de doces caseiros, dende rosquiñas ata magdalenas, ademais da bebida.

No decurso deste encontro instalábase un mercadiño con produtos para recaudar tamén fondos para Manos Unidos e, ao final do xantar, tiña lugar unha tómbola cunha serie de agasallos doados por diferentes establecementos comerciais de Valdeorras.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button