ConcellosO BarcoÚltima hora

O xantar de Manos Unidas no Barco reúne a unhas 200 persoas

 

O pavillón vello do Barco acollía no mediodía deste 26 de marzo o xantar de Manos Unidas. Unhas 200 persoas participaban neste encontro solidario arredor da mesa, cuxa recaudación irá destinada a desenvolver proxectos no continente africano.

 

 

Os participantes tamén acudían con comida e ademais contábase coa colaboración de diversos establecementos da zona que doaban diferentes produtos que logo se sorteaban entre as persoas asistentes ao xantar. Dende Manos Unidas do Barco expresaban o seu agradecemento ao Concello, por cederlles o espazo do pavillón para poder desenvolver esta iniciativa benéfica, así como a colaboración das diferentes tendas que doaron artigos para o sorteo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button