É de ben nacido ser agradecido e por iso, a parroquia de Santa Mariña de Rubiá xunto co Consello Interparroquial de parroquias irmás do concello de Rubiá e demais colaboradores de Manos unidas fan pública a súa memoria agradecida do conseguido na comida solidaria celebrada o pasado domingo 21 de abril.
“Logramos recadar 7.324 euros grazas á venda de entradas, donativos, venda de artigos, rifas da tómbola e o mercadillo”, indican dende a parroquia, destacando que os gastos foron 695 euros pola compra de lacóns, pan, empanadas etc. “Poder dar para comer a aproximadamente 250 persoas con estes gastos tan baixos non tería sido posible sen que moitas mans se unisen e traballasen xuntas ao unísono. É por iso que este equipo de voluntarios e colaboradores de mans unidas quere expresar a súa gratitude a todos eles.
-
- Concello de Rubiá.
- Mantesil polos tableiros e as cadeiras.
- Aos supermercados Gadis, Froiz, Corzo, Eroski.
- Carnicería Pascual.
- Panadería Santigoso, Panadería las Huertas e Panadería de Rubiá.
- Á tenda Trastos.
- Librería Murciego.
- Librería Yoli.
- Os establecementos comerciais do Barco e Rubiá polos artigos que donaron á tómbola solidaria. “Son demasiados para que entren todos neste agradecemento, aínda que ao entregar os agasallos sorteados nomeouse explicitamente cada comercio. A todos eles moitas grazas”.
- Empresas Treval e Manufacturas Luma, “grazas polos seus donativos económicos e tamén a todas aquelas persoas que anonimamente colaboraron economicamente co seu donativo”.
- Voluntarios dos pobos de Oulego, Robledo, Porto, Real, A Veiga de Cascallá, Vilanova, Cobas, O Barrio e O Castelo, Cernego, Biobra, Rubiá e O Barco de Valdeorras. “Grazas polo voso tempo, entrega e dedicación”.
- Pablo da Veiga de Cascallá polo servizo prestado do equipo de Megafonía.
- Nenos da parroquia “por ser os mellores vendedores de rifas de toda a comarca”.
“Grazas a todos e a cada un dos que dun xeito ou outro participaron xenerosamente nesta acción solidaria”.