ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

O xantar solidario de Manos Unidas no Barco xunta a unhas 225 persoas

 

No mediodía deste 17 de marzo o pavillón vello do Barco acollía o xantar anual de Manos Unidas nesta localidade. Unhas 225 persoas participaban neste encontro solidario arredor da mesa, cuxa recaudación irá destinada a desenvolver proxectos solidarios. Entre os presentes tamén había representantes de Manos Unidas de Astorga. O menú incluía entremeses, empanada, tortillas, doces (entre eles bica) e café.

 

 

Dende Manos Unidas do Barco manifestan o seu agradecemento aos asistentes e tamén aos diferentes establecementos de alimentación e doutro tipo por colaborar con produtos para a realización deste xantar e tamén con artigos para o sorteo.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button