EconomíaEconomíaÚltima hora

O “XI Concurso Cociña con Castaña de Galicia” xa ten ganadores

Publicidade

 

A final do “XI Concurso Cociña con Castaña de Galicia”, que promove a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, celebrábase o luns 19 de xullo na Aula de Cociña Portomuíños en Cambre (A Coruña). Neste edición presentábanse un gran número de receitas, sendo realmente difícil para o xurado poder escoller as 6 finalistas (dúas por cada categoría).

Finalmente, o fallo do xurado determinaba que os ganadores desta edición do concurso  son os seguintes:

* Categoría doce: Andrea Marsnerova coa receita “Strudel de la tierra”.
* Categoría estudantes de hostalaría: Nathalia Furlanetto con “Gnochis de Castaña de Galicia rellenos de duxelle y espuma de calabaza”.
* Categoría salgada: Jose Moreschi. “Raviolis de castaña de Galicia y ricota con jugo de jamón y velo de panceta”.

As receitas poden consultarse na seguinte ligazón
http://www.castanadegalicia.org/documentos/dosier_concurso_recetas_21.pdf

Fotos: IXP Castaña de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button