ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O XIII Camiño das Covas do Castro (O Barco) desafiaba á chuvia

Un pouquiño máis tarde do previsto, por mor das intensas chovias, pero con moita ilusión e ganas de festa poñíase en marcha na tarde do 30 de xuño o XIII Camiño das Covas no Castro (O Barco). Sete adegas abrían as súas portas ao público con viños brancos e tintos e multitude de variados pinchos. Entre eles, embutidos, queixo, empanada e lacón. E, como novidade, nesta edición había tortillas e tres paellas xigantes elaboradas por Mantesil.

A festa, con menor afluencia que noutras edición debido ao mal tempo, estaba animada polo ritmo dunha charanga e tamén pola música que de xeito espontáneo tocaban algunhas das peñas que facían o percorrido polas covas do Castro. Os asistentes desafíaban con bo humor, impermeables e con brindes á auga. Pasadas as once da noite, as adegas empezaban a pechar e o público desprazábase ata praza para escoitar ao grupo valdeorrés Los Íñigos.

Esta festa ten sido organizada pola Agrupación de Adegueiros do Castro en colaboración co Concello do Barco. Coa organización tamén colaboraba Protección Civil e a Policía Local do Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button