En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O xornalista trivés José Rodríguez agasalla a Mario Vargas Llosa cun libro seu sobre Filipinas

Entregáballe en Manila ao Premio Nobel peruano a última edición de “Primeras Páginas en la Historia de Filipinas”

Durante a visita que Mario Vargas Llosa, acompañado por Isabel Presley, realizaba recentemente a Manila, o xornalista e escritor trivés José Rodríguez agasallaba ao Premio Nobel de Literatura peruano coa última edición do seu libro Primeras Páginas en la Historia de Filipinas. “José Rodríguez ten realizado unha rigurosa investigación e producido un libro instrutivo, entretido e cheo de sorpresas”, aseguraba o autor de La ciudad y los perros e Conversación en la catedral. Ademais apuntaba que “esta colección lévanos a evocar con nostalxia os comezos do xornalismo escrito, nun momento no que xa estamos inmersos na comunicación cibernética e nas redes sociais como poderosos medios de comunicación e información do século XXI”.

O Premio Nobel de fala hispana viaxaba á capital filipina con motivo da súa investidura como doctor honoris causa pola Universidad de La Salle e catedrático da Universidade de Santo Tomás, a máis antiga de Asia. No acto de presentación acompañaban a José Rodríguez e a Mario Vargas Llosa, Lourdes Coching Rodríguez, dona do xornalista trivés, e Isabel Preysler.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button