CulturaCulturaÚltima hora

O XV Encontro de Poetas nas Videiras será o 16 de marzo en Petín

 

 

Despois de celebrarse en Córgomo (no ano ded Florencio) e pasar por Seadur, a xuntanza itinerante de poetas organizado por Rosa García Machado chega este ano a Petín.

O XV Encontro de Poetas nas Videiras celebrarase o vindeiro sábado 16 de marzo a partir das 17 horas na Adega o Concesionario e contará con 14 poetas chegados dende Ourense, Ferrol, a provincia de Pontevedra, Sober, O Bierzo e A Rúa, ademais dos alumnos do Pablo VI.

O tema que centrará esta edición é a comida “por iso lle puxen de título ‘Rebañando versos’ e coma sempre comezaremos cunha visita polo concello para os participantes para xa pola tarde ter lugar o acto público que contará coa música de Piti-Pirata”, explica a organizadora.

 

Artigos relacionados

Back to top button