CulturaCulturaÚltima hora

A obra do barquense Chere, na exposición coleciva “Artsorey”

A mostra, abrirá as súas portas nesta tarde, e poderá visitarse na sala Exposalnés de Cambados
O artista barquense Chere.

Pintura, escultura e tamén unha instalación. O traballo do creador valdeorrés Chere, Gerardo Rodríguez, poderá verse na mostra “Artsorey”, que abrirá as súas portas ás oito da tarde do venres 9 de xuño en Exposalnés.

É unha exposición do centro IES Asorey que se enmarca dentro dos actos de Cambados como Capital Europea do Viño 2017. Ademais da obra de Chere, poderán verse pezas doutros artistas como é o caso de Manuel Paz, Guillermo Pedrosa, Francisco Pazos, Marcela Santorum, Lino Silva, Emérita Méndez, Jorge Agra, Carlos Maño, Uxío López, Eduardo Baamonde, María Casal, Elena Silvosa e Mon Costa.

 

Cartel da exposición.

 

A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 2 de xullo en horario de martes a venres de 10.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 20.00 h. Sábados, domingos e festivos de 10.30 a 14.00 h. e de 17.00 a 20.00 h.

Imaxes de dúas das pezas de Chere que forman parte da mostra.

Artigos relacionados

Back to top button