CulturaCulturaÚltima hora

Obradoiro artístico sobre Rosalía de Castro na Casa da Cultura de Quiroga

A actividade de animación á lectura correrá a cargo de Tarabelos este sábado 5 de outubro

Cartel da actividade.

Seguindo coas actividades de animación á lectura organizadas polo Concello de Quiroga, o vindeiro sábado, día 5 de outurbo ás 19h. celebrarase na Casa da Cultura o obradoiro artístico Rosalía tod@s por igual a cargo de Tarabelos.

Ao longo de 90 minutos, os a sistententes participarán activamente en distintas disciplinas artísticas do obradoiro (música, teatro e pintura) da man dos profesionais de Títeres Tarabelos.

Esta actividade, dirixida a público infantil a partir dos cinco anos, forma parte do programa Ler conta moito, no seu apartado de igualdade e loita contra a violencia de xénero da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button