CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Obradoiro de baile tradicional con Artur Puga, esta tarde na praza maior da Gudiña

Para participar nesta iniciativa, promovida pola AC Os Torgueiros, non é preciso inscrición

É de balde e non precisa inscrición. Para esta tarde, a partir das 19h. a AC Os Torgueiros da Gudiña propón unha interesante actividade: un obradoiro de baile tradicional con Artur Puga, quen ten traballado de director de grupos de recuperacion como “A Buxaina”, “Ecos e Agarimos”, “Solpor” ou “Algazara”.

Dirixe as súas propias aulas en diferentes puntos da xeografia galega, con máis de 200 alumnas mensuais. Ademais deu cursos intensivos, nacionais e internacionais. Actualmente traballa nun equipo de investigación, co fin de facer publicacións sobre a recuperación da música e o baile tradicional.

Fixo a dirección artísita do espectáculo “Unha xeración Dous Mundos”, que se estreou no Liceo de Barcelona en decembro de 2022. Como músico e bailarín traballlu con diferentes artistas como, Fran Sieira con “Demente”, Xisco Feijoó con “Peixe”, Tanxugueiras na “Xira Midas” ou Mondra con “Folía”.

Esta iniciativa é unha presentación deste profesor de baile tradicional, que impartirá clases en setembro nesta zona. As persoas interesandas en acudir a estas aulas deberán poñerse en contacto coa AC Os Torgueiros.

Artigos relacionados

Back to top button