CulturaCulturaÚltima hora

Obradoiro de creacontos o venres 21 de agosto en Trives

A actividade será na biblioteca municipal, ás 12:00h

A localidade da Pobra de Trives acollerá, o vindeiro venres 21 de agosto, un obradoiro de creacontos para nenos de entre 6 e 9 anos. A actividade terá lugar ás 12:00h na biblioteca municipal e está organizada polo propio Concello en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e Ler Conta Moito. Cumprindo coas medidas de prevención fronte á Covid-19, o aforo estará limitado. Para reservar praza é preciso chamar ao número 988 33 09 67.
Cartel da actividade. / Foto: cedida.

Artigos relacionados

Back to top button