ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Obradoiro infantil de pintura mural pola igualdade de xénero en Rubiá

 

Entre o 26 de agosto e o 6 de setembro desenvolvíase en Rubiá un “Obradoiro de pintura mural pola igualdade de xénero” no que participaban nenos e nenas de 10 a 15 anos.

Os dous primeiros días a actividade tiña lugar na Casa da Cultura, onde se impartía unha clase teórica sobre conceptos de igualdade e debuxos relacionados con este tema e que “puxeron en común para logo facer entre todos o deseño do mural, que pintarían en muros de bloque cedidos por veciños neste caso situados na rúa Villafranca”, tal e como indican dende o Concello de Rubiá.

Esta iniciativa tivo unha moi boa acollida. “Aos nenos e nenas gustoulles moito a experiencia e aos veciños tamén”, destacan dende o Concello.

Fotos: Concello de Rubiá.

 

Artigos relacionados

Back to top button