ConcellosÚltima hora

Obras de asfaltado na N-120 ao seu paso por Valdeorras

 

Os condutores que na mañá deste luns 11 de xullo viaxen pola N-120 ao seu paso pola comarca de Valdeorras, seguirán a sufrir retencións intermitentes debido ás obras de asfaltado que se están levando a cabo na estrada.

Trátase dunha actuación que se desenvolverá ao longo de varios quilómetros e afectará aos termos municipais valdeorreses de Carballerda, Rubiá, O Barco, Vilamartín e A Rúa.

Xa o venres se producían retencións debido a estas mesmas obras no termo do Barco, chegando hoxe ao de Vilamartín de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button